O arquitecto Domingo Antonio de Andrade será homenaxeado no Día das Artes Galegas 2020

Catedral de Santiago de Compostela

A Real Academia Galega de Belas Artes fixo público este sábado que o arquitecto ceense Domingo Antonio de Andrade será o protagonista do Día das Artes Galegas 2020, que se celebrará o 1 de abril.

De Andrade (Cee, 1639-Santiago de Compostela, 1712) foi o elixido pola súa calidade de «arquitecto galego de proxección universal».

Estudou na Facultade de Belas Artes da Universidade de Santiago de Compostela, e no ano 1669 xa era Aparellador Maior da Catedral da cidade compostelá, conseguindo o título de Mestre de Obras en 1976. O reloxo da Catedral está considerado como a súa obra mestra.