O Artai Xiria recibiu o trofeo de subcampión galego da 3ª División masculina de baloncesto


O equipo sénior masculino de baloncesto Turismo Carballo Artai Xiria recibiu este o trofeo de subcampión galego de 3ª división masculina da temporada 2020/2021. No acto de entrega estiveron presentes José Manuel Villamarín, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Marcos Trigo, edil de Deporte e Cultura, en representación do Concello de Carballo. Por parte do CB Artai, Macarena Mato, directora do CPR Plurilingüe Artai, e por parte de Xiria, o seu director deportivo, Arturo Ferraces.

O equipo dirixido por Alberto García Patiño disputou en Carballo o pasado 12 de xuño a fase de ascenso, acadando a vitoria tras vencer en semifinais a Esclavas Trebóns e na final o CB Ames. Desta forma conseguía o ascenso e no cómputo global de toda a temporada lograba o subcampionato galego, superado polo Seis de Nadal de Vigo, campión da outra fase de ascenso.