O auditorio de Cabana acollerá o documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’

1 minutes read
  • Será o vindeiro 25 de xuño e haberá dous pases: o primeiro ás 19:00 horas e o segundo ás 20:00 horas

O auditorio municipal de Cabana acollerá o vindeiro 25 de xuño a proxección do documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’, de Beatriz Pereira. Esta iniciativa está incluída dentro da programación das Letras Galegas que organiza a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

A peza reproducirase en dous pases, ás 19:00 o primeiro e ás 20:00 o segundo, co obxectivo de acoller o maior número de persoas posible dentro dos límites de aforo marcados polas autoridades sanitarias.

O documental fai un percorrido pola vida e obra da poeta lucense a través dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, Susana Trigo e moitas outras personalidades.

Para reservar praza será necesario comunicalo previamente chamando ao 981 754 020 ou enviando un correo electrónico a cultura.concello@gmail.com.