43
A compañía A Barcarola Teatro presenta unha obra que representa a uns veciños dunha vila que non saben que “quen predica o cumprimento dos mandamentos é o primeiro que os quebranta”. O sacerdote e a ovella do rabaño son a mesma persoa. Un nome resoa por todo o lugar: O Satanasiño. O párroco ten todo baixo control ata que Brais e Uxía chegan á vila. O Satanasiño tentará converter a estes dous irmáns en discípulos dos seus pecados. A obra forma parte da programación cultural do Concello de Cerceda e todas as persoas interesadas en acudir ao teatro deberán inscribirse previamente no teléfono 981 68 50 01. A obra de teatro para adultos “O Sataniño” será a partir das 19.00 horas.