O Auditorio de Cerceda acollerá este domingo o espectáculo “Bravas. O rexurdir da luz”


O Auditorio Municipal acollerá este domingo o espectáculo “Bravas. O rexurdir da luz” de A Gramola Gominola, que dará comezo ás 18:00 horas e para o que as persoas interesadas poderanse inscribir no 981 68 50 01.

Trátase dun show musical para público familiar que porá en escena o libro CD deste grupo e que foi Premio Martín Códax da música 2018 a mellor grupo infantil. Narra como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións.

Desde o departamento de Cultura lémbrase da importancia de seguir as medidas COVID-19 en todo momento, co uso obrigatorio de máscara sanitaria, hixiene de mans e mantemento da distancia de seguridade na medida do posible.