O auditorio Mar de Vigo acolle un congreso internacional sobre economía pesqueira

O Auditorio Mar de Vigo segue recuperando o ritmo de eventos e congresos, e desde esta semana volve albergar outra gran cita de carácter internacional. Trátase do vixésimo Congreso Internacional do Institute of Fisheries Economics and Trade, un prestixioso foro de intercambio de ideas, relatorios e debates sobre os recursos mariños, no que colaboran na organización as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, ademais da Universidade de Cantabria.

Ata o venres, pasarán polos diversos espazos do Mar de Vigo, desde o Hall á Sala Terra, pasando polo Auditorio central, máis de 200 participantes diarios, procedentes de 50 países de todo o mundo. Neste simposio abordaranse temas específicos como os mercados e o consumo, a gobernanza e os sistemas de xestión, a diversidade produtiva ou cuestións de xénero relacionadas co medio mariño. O foro busca promover un intercambio de ideas na investigación, a información e a economía da pesca e a acuicultura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha