O auditorio municipal de Cabana énchese para homenaxear ás Letras Galegas

O Concello de Cabana celebrou na mañá deste sábado un acto polo Día das Letras Galegas, cun auditorio municipal cheo a rebordar. A xornada contou coas actuacións das corais de San Martin de Cesullas e Canduas, as Cantareiras de Anos, Matilde Vilariño, Icía e Pablo Díaz, a Escola Municipal de Teatro e o grupo Son de Cabana.

Tamén participaron a xunta local da AECC e Cáritas de Cesullas, Canduas e Borneiro, nun evento que mesturou cultura, música e solidariedade para reivindicar a riqueza da lingua galega.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar