- A proxección será na praza Olonne sur Mer a partir das 22:00 horas
A Laracha acollerá por primeira vez a proxección dun filme en formato autocine. Os espectadores poderán desfrutar da longametraxe «María Solinha», do director Ignacio Vilar. A actividade está programada para o venres 21 de maio ás 22:00 horas, e terá lugar na praza Olonne sur Mer. Antes do comezo da proxección Vilar fará unha presentación da mesma.
A película narra a historia dun director que pretende reconstruír no teatro o mito da protagonista, unha meiga que, segundo a lenda, foi acusada de malas artes e queimada pola Inquisición no século XVII. A obra conta cun elenco galego de luxo no que destacan as figuras de Mabel Rivera, Antonio Durán “Morris”, Santi Prego, Grial Montes e Laura Míguez.
Para poder asistir co vehículo ao recinto no que se proxectará María Solinha requirirase dunha entrada virtual que pode obterse de xeito gratuíto na web www.autocine.gal.