43
- Terá lugar no porto e a apertura de portas será unha hora antes do comezo, ás 21:00 horas
O Concello de Muxía ultima os preparativos para acoller por segundo ano consecutivo o autocine do verán, «unha das actividades de maior éxito do ano pasado e das máis reclamadas pola veciñanza», sinalan desde o Goberno local. Este ano proxectarase a última versión do clásico de Disney, ‘El Rey León’. A actividade, apta para toda a familia, terá lugar no porto de Muxía e a apertura de portas será unha hora antes do comezo, ás 21:00 horas.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán reservar a súa entrada no teléfono 981 74 20 01, en horario de 09:30 a 13:30 horas. A preferencia de entrada será por orde de inscrición e no caso de quedar ocos libres poderase acceder ao recinto ata completar aforo.