Novas medidas para autónomos a causa do coronavirus. A primeira delas ten que ver coa moratoria das cotas que pagan os traballadores por conta propia á Seguridade Social. Segundo o texto que acaba de publicarse no BOE, a cota de abril dos autónomos non se poderá aprazar. Mentres que o período de pagamento para as empresas si inclúe o mes de abril.
A moratoria afecta o pago de cotas cuxo período de pagamento, no caso das empresas estea comprendido entre os meses de abril e xuño. Pero en autónomos as datas son distintas: entre maio e xullo de 2020, excluíndo ás actividades que se suspenderon con ocasión do estado de alarma do 14 de marzo. Para poder acceder a esas moratorias deberá comunicarse dita intención nos dez primeiros días dos prazos normais de ingreso. A concesión ou non coñeceráse nun prazo máximo de tres meses, que é o tempo que se dá á Seguridade Social para responder á solicitude.
Neste aprazamento incluiranse as cotas de marzo, pero só para aqueles a os que se lles conceda o cesamento de actividade polo coronavirus. A estes autónomos que non abonasen a cota no devandito mes váiselles a permitir reembolsala sen recargas. Tamén se inclúe a posibilidade de aprazar o pago de débedas previas que se deban ingresar entre abril e xuño. En caso de exercer este novo dereito esixirase un interese do 0,5%. Se se desexa acceder a esta axuda, igualmente, deberá pronunciarse o interesado nos dez primeiros días naturais nos que correspondese facer o ingreso.