O avión de Von der Leyen sufriu interferencias no seu GPS e Bulgaria responsabiliza a Moscova

O sistema GPS do avión da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, sufriu interferencias durante o seu voo este domingo a Bulgaria, segundo declarou este luns unha voceira da UE, confirmando informacións previas de prensa. «Podemos confirmar que houbo interferencias GPS, pero o avión aterrou sen problemas en Bulgaria. Recibimos información das autoridades búlgaras que sospeitan que isto se debeu a unha flagrante interferencia de Rusia», declarou a voceira comunitaria, Arianna Podestà, quen ademáis afirmou descoñecer se outras aeronaves resultaron afectadas e afirma: «Somos moi conscientes de que as ameazas e a intimidación son un compoñente habitual das accións hostís de Rusia». Tras o ocorrido, Podestà deixou claro que «a UE seguirá investindo en defensa e na preparación de Europa». Von der Leyen realiza unha xira nos últimos días polos Estados membros da UE limítrofes con Rusia, e antes de trasladarse a Bulgaria o domingo visitara Polonia.

Related posts

Macron nomea a Sébastien Lecornu novo primeiro ministro de Francia

Israel ataca á cúpula de Hamás en Qatar, que denuncia a morte de cinco dos seus membros

Cae o Goberno de Francia: Bayrou perde a moción de confianza