O Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía impartirase en 38 centros galegos este curso

PIXABAY

  • Nove centros incorporan por primeira vez esta modalidade de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, que no pasado curso chegou a 558 alumnos

Un total de 38 centros educativos, dos cales nove son de nova incorporación, van impartir neste curso 2020/21 o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach) que a Xunta de Galicia implantou por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto, e que se foi consolidando neste últimos dous anos con 558 alumnos matriculados (o 52% deles mulleres).

Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital (Edudixital 2020), ten entre os seus obxectivos fomentar a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria e tendo en conta a perspectiva de xénero.

Proxecto de investigación
O STEMbach ten unha duración de dous cursos académicos e pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidade de Bacharelato. Os participantes desenvolverán un proxecto de investigación, no segundo curso do Bacharelato, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas na etapa, que estará co-dirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha