O balonmán acorda finalizar a temporada

A Federación española de balonmán acorda dar por finalizada a temporada sen que haxa descensos.
Deste xeito, o Cangas conserva a categoría na liga Asobal e Porriño mantén a categoría na Liga das Guerreiras. Non hai descensos pero sí haberá ascensos. E iso permitirá ao Cisne pelexar por estar na Asobal. O Teucro Pontevedra tamén mantén a categoría. Esa é decisión da federación. Fin da temporada, sen descensos e con ascensos. Decisión que debe ratificar a comisión delegada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha