O Balonmán Cangas, acóllese a un ERTE

1 minutes read

O Balonmán Cangas anunciou que se acollerá ao ERTE que permite o Goberno para atallar a crise sanitaria do coronavirus. O Cangas sería o primeiro club galego en acollerse a este expediente de regulación de emprego temporal para xogadores e técnicos. Cobrarían o paro mentres non houbese competicicón e o club aforraría o pagamento das cuotas da seguridade social, uns 4.000 euros ao mes.

O Frigoríficos do Morrazo xa anunciou que, por unha cuestión de saúde pública, o mellor sería deter a competición, ao igual que decidiu o voleibol. O club que preside Manuel Camiña oponse a ter que xogar partidos no mes de xuño. Na Asobal restan por disputarse 11 xornadas.