O balonmán galego despide o ano coa festa do All Star Xacobeo 21-22 en Pontevedra

O domingo 26 de decembro, o Pavillón Municipal de Pontevedra acollerá a segunda edición do All Star Mixto FGBm Xacobeo 21-22, evento co que o balonmán galego despedirá o ano 2021. Nesta segunda edición, a Federación Galega da un pasiño máis, xa que ao evento deportivo sumou un evento cultural:  A participación do grupo galego Broken Peach. Para poder acceder, as persoas interesadas deberán reservar as súas localidades, aínda que será sen custe económico. Iso si, a organización invita aos asistentes a entregar alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Pontevedra. Será a gran festa do balonmán galego con concursos, concerto e partido All Star.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha