O Banco de España cre que o PIB caerá polo menos un 9,5% este ano

1 minutes read

Pablo Hérnández de Cos, gobernador do Banco de España, cre que «a contrapartida necesaria deste activismo debe ser o anuncio temperán dunha estratexia de redución dos desequilibrios fiscais para a súa aplicación gradual posterior»

En abril, o Banco de España auguraba unha caída do 6,6% na economía española. Nun mes o pesimismo do Banco de España aumentou 3 puntos: cre que a economía española se afundirá entre un 9,5 e un 12,4%. Ante estas cifras, Hernández de Cos dixo no Congreso que fai falla unha terapia de choque a curto prazo que minimizar danos. Iso si, cre que despois haberá que falar de axustes. 

De Cos propón recortar o gasto ineficiente, ve marxe para subir o IVE ou os impostos medioambientais e cre razoable unha taxa ás multinacionais. Di que o esforzo é tal que non se pode pensar en afrontalo só con novos impostos. E apela ao consenso.