A falta de coñecer a distribución exacta por territorios, os sindicatos calculan que en Galicia o axuste podería afectar o 14% cadro de persoal, uns 270 empregados, e a unhas 135 oficinas. Apuntan que o Santander tivo máis de 7.000 millóns de beneficios polos que hai marxe, din, para negociar un ere a través de baixas vexetativas.
A dirección do Santander e os sindicatos celebraron a primeira reunión formal para negociar o expediente de regulación de emprego co que a entidade pretende reducir uns 3.700 postos de traballo por causas produtivas e operativas.
Segundo os sindicatos, unha empresa que pechou o exercicio con 7.000 millóns de beneficios debería evitar medidas traumáticas para reducir persoal e evitar tamén que a medida lle custe cartos ao erario público. De momento, a dirección do banco Santander contratou unha empresa experta en recolocacións para ofrecerlle unha alternativa laboral aos que desexen seguir traballando fóra da entidade. E en 2018, tras a compra do Banco Popular, a dirección puxo en marcha outro ere no que marcharon 1.000 empregados. O 73 por cento está recolocado e a dirección confía en recolocar o cen por cento a finais deste ano.