37
É a primeira vez que o Santander entra en números vermellos e débese a un axuste contable pola impacto da crise da covid de 12.600 millóns. A entidade que preside Ana Botín presentou os resultados do primeiro semestre e recoñece a posibilidade de pechar o ano tamén con perdas. Aínda así, sinalan que estas perdas non afectan a liquidez do banco e prevén pagar dividendos unha vez que o Banco Central Europeo levante o veto. O Santander rexistrou unha caída na bolsa de máis de catro puntos.