O Barça campión de LaLiga 2018/2019

1 minutes read

O Barça xa suma 26 ligas, oito das últimas 11. Unhas cifras que subliñan o dominio dos azulgranas na competición. E unha tendencia cun denominador común, a influencia descomunal de Leo Messi. Desde a súa irrupción no primeiro equipo, a liga converteuse en costume para o Barcelona, que recortou distancias co Madrid, que segue sendo o club máis laureado con 33. Na era Messi o Barça suma 10 Ligas, uns números asombrosos que falan do influxo do arxentino. Tamén nesta, onde a súa contribución foi clave para lograr o título cunha superioridade espectacular.

Esta tempada o que non cambiou é a fiabilidade de xogadores como Ter Stegen, Alba, Piqué, Rakitic, Messi e Suárez, que foron o motor do equipo. Tamén Busquets, aínda que está non foi a sua mellor Liga co Barça.

Outro dos triunfadores foi Ernesto Valverde, que se suma ao club de Luís Enrique, Guardiola, Van Gaal, Helenio Herrera e Enrique Fernández, como adestradores que lograron dúas ligas co Barça.