O Barcelona de Xavi leva a Supercopa en Arabia Saudita (3-1)


  • O deste 2023 é o décimo cuarto título da Supercopa do Barcelona, que se consolida como rei da competición.

O conxunto catalán derrotou ao eterno rival na Supercopa e levantou ao ceo de Arabia Saudita o primeiro título oficial do ano 2023. Os de Xavi entraron moito mellor no partido, e tiveron as ocasións máis claras durante a primeira metade. O Real Madrid aguantaba como podía, e non inquedou máis que nunha cabezada de Benzema. O Barcelona abiu o marcador no minuto 33, pouco despois de que Rudiger tivese que ser atendido. O defensa deu un pase impreciso e Gavi aproveitouno para abrir o marcador. Gavi tamén foi o que asistiu, e Lewandowski o que marcou o 2-0. No minuto 69, outra vez Gavi internouse pola esquerda e asistiu a Pedri, que non perdoou o terceiro, a sentenza da final. O Real Madrid meteu o gol da honra na última acción do partido. No minuto 93, Benzemá rematou dentro da área en dúas ocasións para batir a Ter Stegen.