O barco Ocean Viking con 234 migrantes a bordo atracará en Francia

Francia permitirá «de maneira excepcional» que o barco Ocean Viking, con 234 migrantes rescatados no Mediterráneo a bordo, atraque no porto de Tolón, no sur do país e preto de Marsella. Italia impediu desembarcar aos migrantes e o Ocean Viking levaba no mar máis de dúas semanas. O ministro de Interior francés, Gerald Darmanin, explicou que o barco deberia chegar a Tolón o venres, e que un terzo dos ocupantes serán acollidos en Francia. París está a fala con outros gobernos europeos para acordar que pasará co resto de desembarcados. Darmanin criticou o «comportamento inaceptable» do goberno italiano polo trato dado á nave e asegurou que «terá consecuencias». 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha