O barrio carballés da Milagrosa xa ten todo listo para unha nova edición do «Re-nacemento do Chorón»

A Disco Impacto será a encargada de marcar o ritmo musical da festa.

O «Renacemento do Chorón» é un evento festivo e cultural que desde fai tres anos se celebra no barrio da Milagrosa en Carballo. Unha festa ligada o Entroido cunha reivindicación da figura do Chorón, resucitando a súa memoria e festividade con actos como procesións, encontros de DJs, e outras actividades lúdicas, consolidándose como unha parte importante da celebración do Entroido local na capital de Bergantiños.

Este venres comezaban a circular os primeiros carteis desta festa que neste 2026 tamén trae unha programación moi amena para a época do ano. A cita será o sábado 14 de febreiro (día dos Namorados e sábado de Entroido) nunha gran carpa climatizada ubicada na Corredoira da Asturiana (Rúa José Mª Castriviejo) que acollerá unha pulpeira dende primeira hora da mañá.

A unha da tarde comezará a sesión de música a cargo da disco Impacto co Dj Bermúdez. Ás dúas será o turno da sesión vermú co grupo de Laxe O Tren da Unha. Os pinchadiscos volverán ás catro da tarde cun variado repertorio ofrecido por Bermúdez, Nyan Boe e Frankstone. Ás seis terá lugar a ‘Procesión do Chorón’, será polas rúas do barrio e a continuación a celebración do terceiro aniversario no xardín do Fórum. Ás 11 da noite celebrarase un sorteo dun gran carro de produtos de Entroido. A música a ritmo dos djs pechará o evento ás dúas da mañá.

Related posts

Trump ameaza con subir máis os aranceis aos países que non apoien o seu plan para Groenlandia

Licitado o proxecto que renovará a rede de abastecemento na Avenida Méndez Núñez de Caión

Un accidente entre dous coches na AP-9 deixou dous excarcerados en Abegondo