O barrio carballés do Chorís recupera a súa pista vermella

1 minutes read

O Chorís recupera a súa pista vermella, pero agora é dun material máis resistente e que ao mesmo tempo reúne unhas características que facilitarán o seu uso para camiñar ou correr. As obras, executadas pola empresa Canarga, están prácticamente rematadas, só queda pendente o pintado.

Os servizos técnicos optaron por un pavimento de media densidade, máis resistente que as pranchas plásticas anteriores, para evitar o deterioro da senda nas zonas de acceso a garaxes ou empresas, polas que transitan vehículos; pero que ao mesmo tempo reúne unhas características que facilitarán tamén o seu uso por persoas que camiñan ou corren.