A Xunta de Goberno Local da Coruña aprobará este mércores o proxecto co que o Concello dotará ao barrio de Xuxán dunha zona urbana de ocio especialmente dedicada ás e aos nenos e enfocada a fomentar a práctica deportiva. A alcaldesa, Inés Rey, afirma que coa posta a punto destas instalacións, comezará a urbanización definitiva de Xuxán que lle permitirá á veciñanza facer vida plena nun barrio que estará acondicionado ás súas necesidades: «Trazaremos no perímetro a nosa idea de cidade coa creación de espazos públicos para a convivencia, vexetación e metros cadrados para o paseo». O espazo contará con tirolina, zona para o skate e mais cunha pista multideporte, equipamentos que virán a paliar o déficit de áreas para as e os máis pequenos e mozos do barrio. Serán en total case 2.200 metros cadrados vinculados a usos deportivos en que se investirán un total de preto de 600.000 euros, dos que 250.000 irán destinados a sufragar estes elementos para o lecer.
42