O Basket Xiria ficha a Enrique Melini

0 minutes read

O xogador carballés, de 20 anos, Enrique Melini, volve a casa o seu máis alto nivel, tras o seu paso polo Obradoiro, como un «revulsivo versátil», un referente, así o definiu o presidente do Basket Xiria, Primitivo Reguera, durante a presentación que tivo lugar este venres nas instalacións do pavillón do IES Parga Pondal de Carballo. Melini agradeceu a confianza recibida polo club carballés e prometeu traballo, dedicación e esforzo para conseguir os obxectivos do equipo, que segundo Reguera, pasan por estabilizarse na liga EBA.