O Basket Xiria perdeu de 5 en Vigo ante o Sygenta Seis do Nadal (79-74)

1 minutes read

Difícil encontro o que lle esperaba esta fin de semana ao Calvo Basket Xiria ante o Sygenta Seis do Nadal, visto o partido en Carballo dos vigueses o pasado 5 de marzo, onde tamén gañaron por 72-84. En todo caso o Basket Xiria foi a Vigo coa moral moi alta, gañas de resercirse da derrota e acadar unha vitoria ante un equipo que está a demostrar un gran potencial. Aínda así o segundo e terceiro cuarto foron para o Xiria con parciais de 11-16 e 11-20. Non foi suficiente, a vantaxe do equipo local no primeiro, 21-16, e no último cuarto, 11-6, dabondo para gañar o partido por cinco puntos, 79-74. Alex Iglesias foi o Xogador Calvo da Xornada con 25 puntos. O Calvo Basket Xiria xogará esta semana o derradeiro partido contra o Obradoiro USC.