Necisitábao o equipo carballés, necesitaba gañar para reencontrarse con sigo mesmo e tamén para seguir loitando cos de arriba pola fase de ascenso. Coa vitoria acadada este sábado ante O Porriño Baloncesto Base clasifícase para xogar a Fase Final de ascenso a falta de dúas xornadas por disputar. O equipo carballés tiña claro dende o inicio o seu cometido e en ningun momento (salvo o primeiro cuarto), deixou que Porriño fixera o seu xogo, para ir pouco a pouco collendo vantaxe no marcador ata o final do partido. Damián Pose, foi o Xogador Calvo da xornada, con 9 puntos en 18 minutos.
Cabe lembrar que o primeiro de grupo clasifícase directamente para unha semifinal e os 2º e 3º (de cada grupo), xogarán unha fase previa para ver que equipos entran na outra semifinal, e así ver que equipo logra o título de campión da 1ª Div. Autonómica e o ascenso a Liga EBA (ascenden os dous finalistas).