O Basket Xiria rematou subcampión da súa categoría

0 minutes read

O Basket Xiria non foi quen de gañarlle ao Obradoiro USC este sábado na Estrada e quedou subcampión da 1ª División Masculina, aínda que realizaron un bo encontro, sobre todo nos primeiros minutos, o Obradoiro recuperou o perdido xunto antes do descanso, ao que se chegou con tablas, 35-35. Na segunda metade o conxunto do Obradoiro foi claramente superior dende os primeiros pasos e o Basket Xiria non tivo moito que facer. Aínda así, extraordinaria tempada a do conxunto carballés que dirixe Héctor Méndez, co desexo e toda a ilusión de volver a debutar en Liga Eba.