O BBVA anuncia 3.800 despedimentos e o peche de 530 oficinas


O banco BBVA, un dos principais bancos do país, despedirá a máis de 3.800 persoas, o 16% dos empregados en España. Así llo comunicou a entidade aos sindicatos. Unha medida coa que se pretenden pechar 530 oficinas, o 21,3% da súa rede, coa intención aseguran, de gañar rendibilidade e eficiencia. Desde o BBVA xustifican a decisión pola enorme competencia no sector, os baixos tipos de interese, a adopción acelerada das canles dixitais por parte dos clientes e a entrada de novos actores dixitais. Pola súa banda desde o sindicato Comisións Obreiras afirman que se trata dunha formulación “insostible e escandalosa”. Asegura que moitas familias quedarán sen fontes de ingresos mentres os altos directivos da entidade seguen cobrando grandes soldos. Ademais, ameazan cunha posible mobilización.