O BBVA e El Corte Inglés estudan reducir os seus cadros de persoal

Fonte: bbva.com

O BBVA planea recortar o 10 por cento do seu cadro de traballadores. Serían uns 3.000 empregos en toda España. A entidade bancaria anunciou que están elaborando un plan para reducir custos que queren poñer en marcha neste primeiro semestre do ano.

Por outra banda, El Corte Inglés, ultima un plan de axuste para solventar o buraco que a pandemia xerou nas súas contas. Entre as medidas podería estar unha redución do cadro de persoal cun programama de prexubilacións e baixas voluntarias incentivadas entre os seus 90.000 traballadores.