O BBVA, imputado por corrupción no caso Villarejo

Fonte: bbva.com

O xuíz do caso Villarejo, Manuel García Castellón, despois dunha petición realizada pola Fiscalía Anticorrupción, imputou ao BBVA por delitos de suborno, revelación de segredos e corrupcións nos negocios. O maxistrado acordou a imputación da entidade bancaria como «persoa xurídica» nesta serie de delitos, onde ademais se lle acusa de realizar pagos durante varios anos ao ex-comisario Villarejo, a cambio de traballos de espionaxe.

No escrito presentado pola Fiscalía asegúrase que nos documentos procesados quedarían acreditados os pagos presuntamente «lícitos» á empresa CENYT, a mesma desde a que operaba Villarejo mentres este estaba en activo na Policía. Fiscalía di que o BBVA é responsable da contratación dos «servizos de intelixencia e investigación de carácter patrimonial e ilítico» que afectaron ao banco e tamén a diversos executivos da entidade.

Con esta imputación prosegue a investigación sobre as contratacións do banco a CENYT, desde a cal se espiarían máis de 15.000 chamadas telefónicas de políticos, xornalistas e empresarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha