O BBVA presentará un ere para uns 3.000 empregados

Fonte: bbva.com

O BBVA reunirá o próximo venres os representantes sindicais para empezar a negociar un despedimento colectivo que afectaría tanto os servizos centrais coma a rede comercial da entidade financeira en España. O alcance deste primeiro ere do banco aínda está por definir, pero podería afectarlles a uns 3.000 empregos en España, un 10% do cadro de persoal. Desde a dirección da entidade financeira indicaron que é imprescindible reducir agora a súa estrutura de custos para poder garantir o emprego no futuro.