O BBVA confirma a previsión de crecemento da economía española do 1,6% para este ano e un 1,9% para 2021, polo que o fantasma da desaceleración económica se alonxaría. Unha previsión menos optimista que a do Goberno, e que supón un crecemento inferior ao de 2019.
O servizo de estudos non analiza o impacto das medidas do acordo de Goberno entre o Partido Socialista e Unidas Podemos. Pero pide cautela á hora de lexislar e advirte dun efecto da última suba do salario mínimo interprofesional.
O informe fai fincapé na necesidade de avaliar con prudencia e detemento as futuras políticas en ámbito laboral e de pensións que o novo Goberno de coalición ten encima da mesa.
Para 2021 o BBVA agarda un crecemento maior da economía española impulsada por Europa.