O BCE dá o primeiro paso para a creación do euro dixital

1 minutes read

É a resposta á expansión das criptomonedas, e ao notable aumento dos pagos electrónicos, sobre todo coa pandemia. Esta é unha tendencia que o BCE cre que beneficiará sobre todo a moedas virtuais privadas ou a divisas estranxeiras. Particulares e empresas poderán depositar directamente os euros dixitais nunha conta dos bancos comerciais ou outras institucións financeiras reguladas. Estarán protexidos contra toda posibilidade de perda. O BCE promete unha utilización sen riscos, accesible e eficaz para pagar as compras, tanto nunha tenda física como por internet, por medio de tarxetas similares ás de crédito. Diferenciarase das criptomonedas como o bitcoin en que o euro si é un modo de pago oficial apoiado por un banco central e non por empresas privadas. A emisión de novos bitcoins está regulada por un algoritmo, e non por un comité de política monetaria.