O Bergantiños encarou o partido coa intención de sumar máis puntos ao seu marcador, ante un rival directo na clasificación, despois de empatar 0-0 no último partido celebrado fronte ao Compostela. Por certo, cabe destacar que unha das noticias da xornada foi que a S. D. Compostela destituíse a Fabiano. O club atribúe a decisión á “mala dinámica” e ás “malas sensacións” do último mes. O Compos vai segundo na 2.ª RFEF, a 12 puntos do Arenteiro. De momento, Cardeñosa queda á fronte do equipo. O Bergantiños tivo as súas ocasións, tal e como recoñeceu o míster José Cano na rolda de prensa, pero foi o Burgos Promesas quen acabaría materializando as súas, estreando o seu marcador grazas a un gol de Lucas Ricoy instantes despois da continuación do segundo tempo, concretamente no minuto 48. Sumou de novo o once visitante, que se distanciou a través dun tanto de Antonio Arjona aos 73 minutos, acabando o encontro co resultado de 0-2. Con esta derrota, o Bergantiños situouse no décimo oitavo posto da táboa clasificatoria con 18 puntos, camiño da Terceira División. A próxima xornada xogará a domicilio contra o Ourense, que tamén pelexa por fuxir dos postos de descenso.
0