O Bergantiños afronta a reanudación con ganas e ilusión

1 minutes read

O Bergantiños terminou o ano 2021 na novena posición na táboa con 22 puntos a tan só 2 dos postos que dan dereito a disputar os play off e cunha actuación copeira ante o Raio Vallecano que ilusionou á afección e mostrou do que é capaz unha escuadra cun estilo e unha idea moi claros e definidos. O persoal e corpo técnico volveron ao rodo para preparar o derbi ante o Arousa, que carrexa algunhas baixas por covid, previsto para este sábado ás 17.00 horas en As Eiroas, na que será a última xornada da primeira volta na Segunda RFEF. O equipo carballés a recado que continuará sendo competitivo en cada partido como o viñeron facendo ata a data, que lle permita canto antes conseguir o obxectivo dunha permanencia que xa sería un logro suficiente para un Bergan que a partir de aí, podería aspirar a cotas maiores neste 2022.