O Bergantiños ‘asalta’ o liderado tras gañar en Arousa (1-3) | Paiosaco 0-1 Gran Peña

Arousa - Bergantiños.

Obxectivos atopados este domingo ás 17.00 horas na Lomba. Arousa e Bergantiños volveron coincidir sobre un terreo de xogo desde aquela última xornada da tempada 2021/22 na que os vilagarciáns perderon a categoría en 2.ª RFEF. tamén na casa. O Arousa, de Luisito, buscaba a súa cuarta vitoria consecutiva, despois dun errático arranque de tempada, levaba 538 minutos sen encaixar un gol, pero o Bergantiños non llo puxo fácil e endosoulle un doloroso 1-3, cunha moi boa intervención do porteiro Santi Canedo e unha pegada espectacular do equipo.

Iso permítelle aos de Carballo durmir como líderes da Terceira Federación esta xornada 11, con 22 puntos, e aos de Vilagarcía na oitava praza con 16, un pouco máis lonxe da promoción de ascenso. Alejandro Ramos abría o marcador para os de Secho no minuto 45 de penalti. O Bergantiños só xerou unha opción a balón parado no primeiro tempo, máis aló desa pena máxima por man de Sylla. Foi nunha falta lateral que deixou pasar Musy e acabou rematando coa perna dereita Álex Ramos, pero o balón foise por encima do traveseiro.

Tras o paso por vestiarios, Santi Figueroa empataba o partido no minuto 60, no 74 Pablo Longo establecía o 1-2 e Jorge Cano o 1-3 definitivo no minuto 90. As conclusións lévannos a un terreo de xogo irregular e moi brando polas últimas choivas, algo que condicionou o xogo do balón, quizais máis para os locais, quenes con este resultado sufriron un duro revés.

Paiosaco 0 – 1 Gran Peña

A Porta Santa acolleu este domingo a visita do Celta C Gran Peña, o conxunto vigués que dirixe Fredi Álvarez sacou petroleo a modo de tres puntos cun solitario gol do seu pichichi, José Rivera, no minuto 57, nun encontro marcado pola néboa, que mesmo obrigou a detelo durante uns minutos. Arbitrou o partido Vidal Fonseca, amoestando con amarelas a José e Sande, polo Paiosaco, e a Cantero, Millán e Samu Santos, polo Celta C. Con este resultado a Gran Peña sitúase en quinta posición na xeral e o Paiosaco na décima con 14 puntos.

Cabe destacar o derbi a xogar o vindeiro domingo ás 18.00 horas nas Eiroas entre o Bergantiños e o Paiosaco.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha