O Bergantiños cancela o adestramento dos xuvenís pola normativa Covid

O Bergantiños publicou este mércores que o técnico do primeiro equipo planificara adestrar antes da pretempada cos xuvenís de segundo e terceiro ano e cos que rematan esa etapa, así como cos cedidos ao Sofán a pasada campaña, para coñecelos de primeira man e valorar a posibilidade de incorporalos ao primeiro plantel ou ao do club de O Carral cando deixen a categoría xuvenil. Pero as medidas da Xunta para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado en Galicia non permiten o deporte con contacto físico, por iso o Bergantiños tomou a decisión de suspender esa primeira toma de contacto de Lemos cos canteiráns.