O Bergantiños CF está libre de Covid

O Bergantiños FC informa que despois de realizar na tarde deste mércores as probas de Antíxenos Covid-19 ao persoal e ao equipo técnico, os test rápidos deron todos negativo.

O vindeiro luns, 4 de xaneiro, repetiranse as probas de Antíxenos e no caso de que todas fosen negativas, o primeiro equipo retomará os adestramentos con normalidade.

Cabe lembrar que as probas veñen determinadas tras dar positivo o adestrador do equipo, José Luis Lemos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha