O Bergantiños CF ficha ao dianteiro Alejandro Tarí

1 minutes read

Alejandro Tarí reforza a dianteira do Bergantiños. Tarí (Alacant, 1997) chega ás Eiroas procedente do Hércules C.F., o club onde se formou, onde afirmou «haber crecido como futbolista e como persoa» e onde na última campaña alternou aparicións no primeiro equipo e no filial, logo de estar cedido no Ontinyent C.F. (2ª B) e no Club Portugalete (3ª división) na temporada 2018-19.

Tarí, un xogador de indiscultible nivel que seguro dará moito que falar na Terceira galega, é un futbolista moi técnico, con gran capacidade para asociarse, bo xogo de costas, bo remate de cabeza, incansable traballador e con moito gol.

“Estou moi feliz de formar parte de este equipo”, declarou, “con moitas ganas de devolver a tremenda confianza que o Bergantiños puxo en min”.