O Bergantiños conquista un valioso empate na casa do Compostela


Choque de trens, nunha tarde de vento e choiva no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, onde tivo lugar o partido que enfrontou ao Compostela e ao Bergantiños ante 900 espectadores e que finalizou cun empate a un gol entre ambos os equipos.

O Compostela lanzouse decididamente a por o partido desde o primeiro minuto e con boas ocasións de gol, cun claro dominio local e estreando o marcador grazas a un tanto de Escudero no minuto 29. Así finalizaría a primeira metade.

O paso por vestiarios veulle ben ao conxunto carballés, Carlos lópez tomou en mando no centro do campo e aos dez minutos do segundo tempo o Bergantiños foi quen de empatar o partido por medio de Marcos Remeseiro, tras converter unha pena máxima de Matías Vesprini sobre Cano. Podería ser mellor, pero tamén podería ser peor, o Bergantiños suma e segue tras o resultado final do encontro cun marcador definitivo de 1-1.