O Bergantiños deu un paso máis tras vencer ao Arenteiro por 3-2


Equilibrio e identidade eran as claves de José Luis Lemos na previa do partido, e cumpríronse. O Bergantiños FC deu un paso máis cara ao obxectivo do ascenso de categoría tras gañarlle este domingo en As Eiroas, un trepidante partido, ao CD Arenteiro por tres goles a dous. O encontro, correspondente á Segunda Fase da Terceira División, púxose de fronte para o conxunto carballés, inaugurando o marcador no minuto 10 cun gol de Martín Lamelas. Resultado co que se chegaría ao descanso. O segundo tempo comezou de maneira favorable para o Arenteiro, que puxo as táboas no luminoso cun gol desde os once metros de Renan Zanelli aos 51 minutos. Con todo, o conxunto local reaccionou rápido e ben establecendo o 2-1 a través dun tanto de pena máxima de Marcos Remeseiro aos 58 minutos. Tras unha nova xogada aumentou o marcador do equipo carballés aos 81 minutos por medio dun gol de Jorge Cano. Con todo, o equipo visitante recortou distancias mediante un tanto de Sylla instantes antes do asubío final, no 86, terminando desta maneira o partido cun resultado definitivo de 3-2. O próximo encontro para o Bergantiños será contra o Alondras.

As baixas por tarxetas e por lesión, non foron un problema para que o Bergantiños realizase un gran partido. Na foto o médico do Club, Juan Carlos Díaz del Valle, acompaña a Duque e Marcos Rodríguez, ademais do lesionado Carlos, convalecente dunha recente operación de clavícula.

Valoración do partido polos adestradores de ambos equipos: