O Bergantiños e o Sofán renovan o seu convenio de colaboración


Os presidentes, Luciano Calvo e Ricardo Serrano, pecharon o acordo, e os dous clubs de fútbol máis representativos do Concello de Carballo valoraron como moi positivo e cordial o primeiro ano de convenio, que permitiu dar un paso importante para unificar criterios e traballar en equipo. Ambos destacaron que “para Carballo e para o propio Concello é moi bo, pola visibilidade que lle damos ao municipio, ter non só un club en Terceira Division e outro en Preferente, senón aos equipos de base de ambas as entidades entre os mellores do futbol base galego”.