O Bergantiños emitiu un comunicado de apoio ao Deportivo


O Bergantiños – Escuelas Luis Calvo emitiu un comunicado a través das redes sociais co seguinte contido “queremos facerlle chegar ao Real Club Deportivo de La Coruña o noso total apoio logo da decisión que tomaron as autoridades deportivas de suspender só o seu partido contra o Fuenlabrada e non toda a última xornada da Liga SmartBank. Esa decisión, cremos, vulnera todos os principios de igualdade e xogo limpo, adultera a competición e prexudica indiscutiblemente ao Deportivo”.