O Bergantiños FC logrou unha importante vitoria este domingo ante 150 espectadores en As Eiroas fronte ao Racing Villalbés. Os carballeses foron superiores case todo o partido. Un gol en propia meta puxo en vantaxe ao equipo visitante no minuto 19 do primeiro tempo. Con todo, con 1-1 no marcador, tres minutos aciagos na segunda metade condenaron ao conxunto chairego, que non puido sacar partido da baza de xogar máis de media hora contra 10 xogadores despois da expulsión de Tarí pola súa celebración tras marcar o 2-1 no minuto 59. Remeseiro poñería o broche final ao marcador, de penalti no minuto 62. O Bergantiños sitúase segundo, tras o Somozas, na xeral con oito puntos e invicto de momento.