O Bergantiños engadiu tres novos puntos ao seu marcador particular tras conseguir unha importantísima vitoria traballada fronte ao Leganés B, ao que se impuxo 1-0 este sábado en As Eiroas. O equipo carballés dominou o encontro de principio a fin, con tan só algunha pincelada visitante que non pasou a maiores grazas a un moi bó traballo defensivo. O único gol da vitoria do Bergantiños chegou no minuto 50 nas botas de Antón Escobar, que por raso lograba superar a Sergio Valero, materializando o seu noveno gol nesta tempada. O Bergantiños con este resultado quedou ubicado no quinto lugar da clasificación xeral con 35 puntos, en postos de promoción de ascenso. Sen tempo que perder, o conxunto carballés xa pensa no seguinte partido que será este mércores de novo nas Eiroas contra o Salamanca, un encontro aprazado no seu día por motivos covid.
23