O Bergantiños exerce de máis líder tras golear ao Paiosaco no derbi (3-0)

1 minutes read

As Eiroas acolleu este domingo o derbi da Terceira Federación entre o Bergantiños FC e a UD Paiosaco. Nunha tarde fría de sol e nubes o partido tamén tardou en quentarse. A primeira parte foi de moito respecto e calquera cousa puido pasar, pero non pasou. Ambos os equipos tomaron a iniciativa de ir a por o partido co paso dos minutos, o Paiosaco tivo as súas ocasións, unha moi clara de Dani, pero non se materializou. Esgotouse o tempo regulamentario sen goles, 0-0.

No arranque do segundo tempo o conxunto local entrou máis motivado que o seu rival e tan só tardou oito minutos en rendibilizar a súa pegada, fíxoo a través de Cabarcos a pase de Ramos. Os de Secho co resultado a favor sentíronse un pouco máis cómodos aínda e Cano que se incorporaba á contenda en substitución de Longo establecía o 2-0 no minuto 69 tras unha boa xogada persoal, a pase de Álex. O Paiosaco con este resultado xa estaba medio noqueado, momento que o Bergantiños aproveitou para pechar a contenda co definitivo 3-0 que chegaba no minuto 77 da bota de Remeseiro, tras unha nova asistencia de Ramos.

Con este resultado, o Bergantiños comanda a clasificación da Terceira Federación con 25 puntos, os mesmos que o Alondras, e a UD Paiosaco queda situada na décima posición con 14.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?