O Bergantiños faille unha «manita» ao Estradense (2-5)

1 minutes read

O Club Deportivo Estradense recibiu este mércores ás 20.30 horas ao Bergantiños no Novo Campo Municipal, un partido amigable para a preparación da próxima tempada. O conxunto pontevedrés abriu a lata no primeiro minuto, pero os carballeses non lle perderon a pista e refixéronse rápido no marcador. Polo Estradense marcaron Juanín e Piñeiro nos minutos 1 e 14. Mentres polo Bergantiños marcaron Lamelas no minuto 3, Cano no 16, Lamelas de novo no 23, Boedo no 74 e Uxío no 84. Cun resultado final de 2-5, o equipo de Carballo segue o pleno de vitorias en amigables de pretemporada.