O Bergantiños FC activa o protocolo Covid tras un positivo dun xogador

1 minutes read

Segundo a información transmitida polo club, o xogador atópase illado no seu domicilio desde este martes e presenta sintomatoloxía leve. O xefe médico do club carballés, Juan Carlos Díaz del Valle, realizou a maiores ao longo da tarde do mércores preto de 50 probas a todas aquelas persoas que poideran ter contacto co xogador afectado, compañeiros, corpo técnico, directivos, utilleros, equipo de fisioterapia e demais traballadores do club, así como aos xuvenís que comparten traballo coa plantilla, deron todos negativo. O Bergantiños FC comunicoulle este feito ás federacións galega e española de fútbol así como ao Concello de Carballo. Ademais pasou a duplicar as medidas de hixiene e desinfección de toda a instalación e das zonas que forman parte do Campo Municipal de As Eiroas, para seguir garantizando a seguridade de todos os usuarios. Unhas medidas que reforzan as xa establecidas dende o comezo da actividade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?