O Bergantiños FC cambia de adestrador

1 minutes read

Nun comunicado oficial emitido este luns, dende o club anuncian que a xunta directiva acorda co adestrador Miguel Filgueira dar un xiro na dirección técnica do primeiro equipo do que pasa a facerse cargo de xeito inmediato Borja Facal, que adestraba ao equipo xuvenil B.

O club agradece a Miguel Filgueira o seu extraordinario traballo, calidade humana, profesionalidade e compromiso desde a súa renovación o pasado mes de xuño, e que suman máis de tres anos, nos que o Bergantiños estivo entre os mellores equipos galegos de Terceira, disputando tres fases de ascenso consecutivas a Segunda B. Deséxanlle moita sorte, lembrandolle que o Bergantiños sempre será a súa casa.